¿Quen somos?

A tenda virtual do Centro de Recursos de Cogami-Mos, pretende ser un escaparate para o traballo desenvolvido nos talleres prelaborais do centro de recursos de Cogami.

Trátase de traballos de artesanía que poñen en valor as capacidades, destrezas e competencias dos/as alumnos/as do centro e que queren servir de acicate para a súa integración sociolaboral, en algúns casos mediante o desenvolvemento das mencionadas capacidades, noutros a través do compartimento dun espazo de convivencia e ocupación.

A tenda virtual de cogami Mos está aberta a calquera colaboración con outros centros de recursos ou talleres do movemento asociativo que a queiran utilizar co mesmo fin.
Os fondos obtidos a través da venda dos artigos, son dedicados integramente á reposición de materias, o desenvolvementos dos talleres e a desenvolver actividades dirixidas os usuarios dos mencionados centros.

Talleres

Coiro e bisuteria

Neste taller poderedes atopar todo tipo de artigos elaborados en coiro, carteiras, chaveiros, fundas para gafas, axendas, albums de fotos, bolsos, moedeiros, feitos integramente a man e tamén todo tipo de artigos de bisuteria, colares, pulseiras, aneles, pendentes, etc.

Taller de manualidades

Neste espazo dedicado a creatividade e o reciclaxe, atoparedes un amplo abano de artigos elaborados con todo tipo de materiais, artigos de madeira, de cartón pedra, vidro, mosaicos, marcos, fimo, debuxo, pintura, etc.